Usos, costumes e cousas do Caurel
29,95€
Título: Usos, costumes e cousas do Caurel
Autor: Jesús Alfonso Parada Jato
ISBN: 978-84-19763-20-4
Número de páginas: 362
Tamaño: 170 mm x 240 mm
Sinopsis:
Usos, costumes e cousas do Caurel é unha investigación antropolóxica sobre o termo municipal do Caurel, os seus costumes e todo aquilo que teña relevancia cultural. O autor trata de analiza-las cousas no contexto no cal se produciron e amosa-la evolución histórica ata o día de hoxe.
Algunhas cousas poden parecer estrañas e outras moi cotiás pero todas elas forman parte da rica e variada cultura deste concello. Algo por outra parte que non debería quedar esquecido.
Para a realización deste traballo o autor inspirouse en diversos documentos escritos, publicacións anteriores, entrevistas ás xentes do lugar e nos coñecementos da zona que posuía.
Esta obra vén sendo tamén, un tributo a tantos devanceiros que viviran neste concello. Moita xente anónima que traballou arreo para manter e transmitir os saberes tradicionais ás novas xeracións.
O moderno non quita o antigo senón que se constrúe sobre del como unha evolución necesaria. A nosa historia e os nosos costumes forman parte de nós mesmos e non deberían deixarse morrer.